O Anillo Cáceres

o anillo caceres

2 de Novembro de 2021

Esta fin de semana celebrouse no Anillo (Cáceres) as competicións nacionais e internacionais de Dúatlon Cros, Tríatlon Cros e Acuatlón coa organización da Federación Española de Tríatlon. 

O Anillo (Cáceres) é o Centro de Innovación Tecnológica sobre o deporte. Un lugar ideal para a práctica dos tres deportes, grazas a súa situación. Un embalse que o rodea para o sector de natación e uns sendeiros ideais para as probas de bicicleta de montaña e carreira a pé.

o anillo caceres

Foto do Facebook do Anillo en Cáceres

A fin de semana foi moi apretada e cos recorridos cheos de lama por mor das choivas que tiveron en Cáceres días antes da proba e que os fixeron todavía máis espectaculares e exisentes.

A primeira hora da mañá comenzaron as diferentes probas do Campionato de España de Dúatlon Cros, onde os galegos e as galegas participantes fixeron grandes actuacións. Destacamos a terceira posición na proba cadete, da duatleta do Náutico de Narón Lucía Piñón Pereira, deportista becada no Centro de Tecnificación Deportiva de Pontevedra.

Clasificacións Campeonato de España de Dúatlon Cros

duatlon cros o anillo

Pola tarde era o turno para as diferentes probas de Acuatlón. Na proba Élite feminina do Campionato do Mundo de Acuatlon, as galegas Sara Guerrero e Ana María Santiso do Náutico de Narón acadaron as posicións 6 e 12 respectivamente, nunha proba moi disputada ata ó final.

Na categoría Élite masculina, o galego do Cidade de Lugo Fluvial, Andrés Cendán acadou a quinta posición, nunha proba onde a victoria final foi para o triatleta español David Castro.

E os máis xóvenes acadaron moi boas actuacións nas diferentes probas celebradas durante a tarde do sábado. Mención especial para Damián Suárez (CN Cedeira), Campión de España categoría Cadete e Alex Rilo (CT Ferrol), bronce na categoría Xuvenil.

Clasificacións Campionato do Mundo de Acuatlón.

O domingo foi o turno para o tríatlon Cros, onde a triatleta galega Lucía Piñón (3ª) e Alez Rodríguez Rilo (1ª) voltaban a competir e subir ao podio das súas categorías.

Na categoría Élite feminina do Campionato do Mundo de Tríatlon Cros, a triateta galega do Cidade de Lugo Fluvial Saleta Castro, acadaba a posición 15 nunha proba moi exixente polas condicións climatolóxicas. Dende a Federación Galega mandámoslle moita forza despóis do susto sufrido no súa volta a casa. Alegrámonos que solo fora un susto. Ánimo Saleta.

Clasificacións Campionato do Mundo de Tríatlon Cros.

 

 

Quizáis che interese…