O CAMPIONATO DE ESPAÑA DA CORUÑA PECHOUSE COA EMOCIONANTE PROBA DE PARATRÍATLON

2 de Setembro de 2018

O Campionato de España de Tríatlon na Distancia Olímpica da Coruña pechouse hoxe coa celebración das probas de grupos de idade e do Campionato de España de Paratríatlon noutra xornada de moitísima calor, que fixo a proba moito máis esixente para as e os participantes.

As nove da mañá comezaron no Parrote as saídas dos grupos de idade do Campionato de España de Distancia Olímpica, nas que participaron case 500 triatletas. Foron catro saídas masculinas e unha feminina, cun intervalo de 25 minutos, e comezou así o espectáculo do tríatlon novamente pola cidade herculina, despois da intensa xornada do sábado na que se decidiron os campións de España elite masculino e feminino.

Despois de facer 1.500 metros de natación, 40 quilómetros de ciclismo e 10 de carreira a pe, o primeiro deportista en cruzar a liña de meta na Praza de María Pita foi Álvaro Martínez (Club Natación Melilla), que se proclamou campión de España no grupo de idade de 20 a 24 anos no que participaron 36 deportistas. Na seguinte categoría (25-29) logrou o título Alvaro García (Isbilya – Sloppy Joe´S), con 55 deportistas inscritos.

A primeira muller en cruzar a liña de meta foi Dacil Hernández, que se proclamou gañadora xeral da proba feminina e do seu grupo de idade (40-44). As seguintes campioas foron Natalia Bermúdez de Castro (grupo 25-29); Txell Jarque (grupo 20-24) e Claudia Martínez (grupo 18-19).

 

Paratríatlon. E mentre seguían chegando triatletas á liña de meta deuse a saída ao Campionato de España de Paratríatlon, no que participaban case todos os integrantes da selección española de paratríatlon, nun último test antes do Mundial de Australia de dentro de dúas semanas.

O Campionato de España de Paratríatlon celebrouse sobre a distancia sprint (750 metros de natación, 19 quilómetros de bicicleta e 5 de carreira a pe) e o primeiro paratriatleta que logrou o título de campión de España foi o andaluz Jairo Ruíz, cun tempo de 59:09, na categoría PTS5. Jairo mostrouse encantado coa intensa calor, “como andaluz que soy, me sentí como pez en el agua”.

Pola súa banda, a galega Susana Rodríguez Gacio (Mario de Vigo) acadou o título de campioa de España para deportistas con deficiencias visuais, xunto á súa guía Paula García Godino, cun tempo de 01:04:43. Susana explicou a súa chegada que “non me atopei demasiado ben na carreira a pe, pero encantada de disputar o Campionato de España e máis se é en Galicia”.

 

Este son os campións nas diferentes categorías do paratríatlon:

PTWC H1 Masculino: José Manuel Quintero

 PTWC H1 Feminino: Eva María Moral

PTSVII Masculino: Jorge Otalecu

PTWC H2 Masculino: Álvaro Illobre

PTS2 Masculino: Lionel Morales

PTS2 Feminino: Rakel Mateo

PTS3 Masculino: Daniel Molina

PTS4 Masculino: Jesús Miguel Sánchez

PTS4 Feminino: Raquel Domínguez

PTS5 Masculino: Jairo Ruíz

PTS5 Feminino: Josefina Guimarey

PTSVI B1 Masculino: José Luis García Serrano

PTSVI B2 Masculino: Héctor Catalá

PTVSVI B2 Feminino: Susana Rodríguez Gacio

PTSVI B3 Masculino: Roberto Suero.

parcialesSegmentos2120 Paratriatlon

parcialesSegmentos2120 GGEE Masculino

parcialesSegmentos2120 GGEE Femenino

 

Quizáis che interese…