SALETA CASTRO, SÉTIMA NO IRONMÁN DE LANZAROTE

23 de Maio de 2015

Saleta Castro rematou hoxe na sétima posición o Ironmán de Lanzarote, na que foi a súa terceira participación. A galega, que comezou a proba de forma espectacular, foi perdendo forzas tanto na bicicleta coma na carreira a pe. Aínda así hai que destacar que na última volta da carreira a pe, despois de superar uns problemas estomacais, puido remontar tres posicións.

Na natación, Saleta saiu na segunda posición (53:42) a escasos segundos da primeira, pero no sector de ciclismo perdeu varias posicións para chegar á segunda transición na quinta posición. E na carreira a pe, con problemas estomacais, seguiu sufrindo para chegar a meta na sétima posición cun tempo final de 10:52:23, a máis de cincuenta minutos da primeira clasificada Diana Riesler (9:56:03). Na última volta Saleta puido remontar tres posicións, unha vez superados os problemas estomacais.

 

Quizáis che interese…

Galegos con maiúsculas

Galegos con maiúsculas

Antonio Serrat, Susana Rodríguez, Antonio Benito, Cidade de Lugo Fluvial, Pablo Dapena e as...