O club galego Cidade de Lugo Fluvial Masculino lidera a Liga Nacional de Clubs de Dúatlon. A Liga Talento 2025 arrancaba en Avilés con gran éxito para os clubs galegos.

11 de Marzo de 2025

A pasada fin de semana do 8 e 9 de marzo celebráronse en Avilés, Asturias, as xornadas 4 e 5 da Liga Nacional de Clubs de Dúatlon. Ademais da Liga Talentos e os Campionatos de España de Dúatlon Contrarreloxo por Equipos e Relevos.

A xornada do sábado comezaba cos máis novos. O Náutico de Narón impúxose no Campionato de España de Dúatlon Contrarreloxo por Equipos de Talentos feminino, primeira xornada da Liga de Clubs de Talentos de Tríatlon, por diante de Cidade de Lugo Fluvial e Stadium Casablanca Mapei. Na categoría masculina, a vitoria foi para o Club Deportivo Delikia, por diante de Cidade de Lugo Fluvial e Capex Extremadura. Foron campioas na proba open feminina as deportistas do Deportivo Delikia, e na masculina os dúatletas do Stadium Casablanca Mapei.

Pola tarde, Diablillos de Rivas feminino e Cidade de Lugo Fluvial masculino lograron os títulos do Campionato de España de Dúatlon CRE 2025 en Avilés. Na categoría masculina, o Cidade de Lugo Fluvial impúxose cun tempo de 58m15s, formando con Antonio Benito, Martín Cando, Nacho Gálvez, Juan González, Jarno Pousada e José Ramón Jiménez. Na mesma xornada estreábase a Copa Federación de Dúatlon, sobre as clasificacións da proba Open, e que deixaba como primeiras campioas a Triatlón Albacete Res e primeiros campións ao Cidade de Lugo Fluvial.

Con respecto ao domingo, o CEA Bétera feminino e o Triatlón Albacete Res masculino lograron os títulos do Campionato de España de Dúatlon Relevos 2025 en Avilés, na quinta xornada da Liga Nacional de Clubs de Dúatlon. E a suma dos puntos das dúas xornadas da fin de semana en Avilés mantén no liderado da Primeira División Feminina aos Diablillos de Rivas; e na Primeira División Masculina ao Cidade de Lugo Fluvial.

Na segunda xornada da Liga Nacional de Clubs de Talentos de Tríatlon, o Náutico de Narón impúxose no Campionato de España de Dúatlon por Relevos de Talentos feminino, repetindo a vitoria do sábado na contrarreloxo por equipos, e por diante de Cidade de Lugo Fluvial e o Flor de Tríatlon Platja Llarga. Na categoría masculina, a vitoria foi para o Club Deportivo Delikia, tamén segunda do fin de semana, por diante de Capex Extremadura e Cidade de Lugo Fluvial. As dobres campioas da fin de semana en Avilés, Náutico de Narón, e dobres campións, Deportivo Delikia, lideran as clasificacións da Liga Nacional de Clubs de Tríatlon de Talentos, que continuará en Cidade Real o próximo 13 de abril.

Na competición da categoría Open Talentos, o C.D.T. Triolalla logrou a vitoria tanto feminina como masculina, compartindo podio feminino con Cidade de Lugo Fluvial e Stadium Casablanca Mapei; e masculino con Stadium Casablanca Mapei e Diablillos de Rivas.

A Liga Nacional de Clubs de Dúatlon comezou cunha tripla xornada en “La Nucía, Cidade do Deporte”, continuou con dúas xornadas máis en Avilés e concluirá en Albacete os días 22 e 23 de marzo cos Campionatos de España de Dúatlon por Clubs e SuperSprint Relevos/Parellas.

Avilés contou ademáis coa presenza de tres oficiais galegos ( Pablo Cabanelas, Mónica Flores e Julia Ferreira Calvo- que foi a delegada técnica do evento)

 

Quizáis che interese…