Convocatoria Asemblea Xeral Extraordinaria da Federacíón Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno 24/03/2025

Fegatri logo redes

10 de Marzo de 2025

Por orde do Presidente da Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno e de acordo ao que determinan os artigos 48º e 54º dos Estatutos vixentes da entidade,convocase aos membros da Asemblea Xeral a unha xuntanza extraordinaria online, na data e hora indicadas a continuación

  • Data: Luns, 24 de marzo de 2025
  • Hora: 19:45 h. 1ª convocatoria e 20:00 h. en 2ª convocatoria
  • Lugar: Online. Google Meet (Enviarase ligazón)

Orde do día,

  • 1.- Lectura e aprobación se procede da acta da Asemblea anterior.
  • 2.- Regulamento de Licenzas 2025
    3.- Actualización de Calendarios e normativas.

    • Protocolo de Protección dos Nenos, Nenas e Adolescentes (NNA) fronte a Violencia no Deporte
  • 4.- Rogos e preguntas

 

  • *Os rogos e preguntas poderán ser enviados ao correo da federación ata o próximo venres 21 de marzo de 2025 ás 14:00 h.
    *Só se permitirá o acceso aos membros da Asemblea Xeral. A representación dos clubs recae no/a Presidente/a ou persoa en quen delegue segundo os seus estatutos. A Delegación deberá estar na Federación a máis tardar o venres 21 de marzo e indicará o correo da persoa que atenderá á reunión.
    En Lugo a 10 de marzo de 2025.

 

Quizáis che interese…