O DÍA 5 DE MARZO CELEBRARASE O XIV DÚATLON CIDADE DE SANTIAGO CON CASE 200 INSCRITOS

3 de Marzo de 2016

O sábado 5 de marzo celebrarase o XIV Duatlón Cidade de Santiago, segunda proba do circuíto Galego de Dúatlon, no que participarán case 200 deportistas. Ademais, pola mañá terá lugar o Dúatlon Escolar Cidade de Santiago con 220 inscritos.

Entre os favoritos na proba masculina destacan Brais Canosa (Arcade Inforhouse), Brais Misa (Atletismo Porriño), Alberto Castiñeira (Arcade Inforhouse), Enrique Morán (Atletismo Porriño), Juan Sebastián Díaz (Tríatlon Poio), José Ricardo Vega (Tríatlon Arteixo) ou Francisco Cendán (Talleres David Tríatlon Compostela).

María Martínez (Atletismo Porriño), Carla Castaño (Arcade Inforhouse), Mariña Ramos (GV Sports Club), Alba Caamaño (independente) ou Tania Garabatos (Olímpico de Vedra) será algunhas das protagonistas da proba feminina, na que participarán 29 deportistas.

A proba terá varias saídas: A proba feminina comezará ás 17:00 horas, e hai dúas saídas masculinas (ás 15:30 e 17:10 horas). A saída, transición e meta estarán instaladas no  polígono de Costa Vella e as distancias serán de 5 quilómetros de carreira a pe, 20 de bicicleta e 2,5 de carreira.

O Circuíto Galego de Dúatlon de Estrada 2016 está formado por cinco   probas: Guitiriz, Santiago, Riveira, Arteixo e Vigo. En xogo a clasificación para o Galego de Dúatlon (18 prazas en cada proba do circuíto). Nicolás Domínguez (HPS Tríatlon) e Cristina Torres (Mar de Vigo) proclamáronse gañadores do X Dúatlon Concello de Guitiriz.

 Campións 2015. Alexis Rodríguez (Cidade de Lugo) e Joselyn Brea (Tri-Penta Terras de Lugo) lograron a vitoria no XIII Duatlón Cidade de Santiago.

Dúatlon Escolar. O mesmo sábado pola mañá celebrarase o Dúatlon Escolar Cidade de Santiago, que conta cunha inscrición de 219 deportistas das categorías benxamín (60), infantil (67), alevín (62) e cadete (30). As distancias son diferentes segundo a categoría. Desta forma, en benxamín as e os deportistas correrán 500 metros, farán 2 quilómetros en bicicleta e correrán 250 metros; en alevín as distancias son de 1 quilómetro (carreira), 4 quilómetros de bici e 500 metros de carreira a pe; en infantil, 1,5 quilómetros de carreira,  6 quilómetros de bicicleta e 750 metros de carreira e, por último, en cadete son 2 quilómetros de carreira a pe, 8 quilómetros de bicicleta 1 quilómetro de carreira.

O programa do Dúatlon Escolar está formado por cinco probas locais (Vedra –que foi suspendido polo temporal a semana pasada-, Santiago, Vilalba, Mondoñedo e Maside) que son clasificatorias para as provinciais, de onde sairán os participantes na final galega. Nas probas zonais clasifican os 25 mellores por categoría e sexo. “Xogade” está desenvolvido pola Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, en colaboración coa Federación Galega de Tríatlon.

 

Quizáis che interese…

Oleiros é Tríatlon

Oleiros é Tríatlon

[Actualizado 13:00 01 de Junio de 2021] Xa temos os gañadores e as clasificacións do Tríatlon de...