O DOMINGO 12, II PROBA INTERNACIONAL DE PÉNTATLON MODERNO CIDADE DE LUGO

9 de Marzo de 2017

O domingo 12 de marzo celebrarase a II Proba Internacional de Péntatlon Moderno Cidade de Lugo, no que participarán 70 deportistas de distintas partes do Estado español e de Portugal das categorías menores (de prebenxamín a cadete), aínda que fóra de competición poderán participar deportistas de máis idade. De prebenxamín a infantil, os deportistas realizarán a natación e a combinada (carreira+tiro), mentres que os cadetes tamén farán a proba de esgrima.

Hoxe tivo lugar no Concello de Lugo o acto de presentación do evento no que estiveron presentes os pentatletas galegos máis laureados, Cristóbal Rodríguez Fidalgo e Aroa Freije Torneiro; o presidente en funcións da Federación Española de Péntatlon Moderno, Paco Villanueva González; a tenente de alcalde, Carme Basadre, e o xefe provincial de Deportes da Xunta de Galicia, Manolo Cadramón.

A natación realizarase na piscina de Frigsa, a partir das 9 da mañá, mentres que a esgrima (a partir das 10:30 horas, só para cadetes) será no módulo de atletismo de As Pedreiras e a combinada (tiro e carreira) desenvolverase entre a pista de atletismo Gregorio Pérez Rivera e o módulo de atletismo, a partir das 12:30 horas.

Pola tarde terá lugar o Campionato de Laser Run, onde hai xa una inscrición de 43 deportistas. Esta proba é como unha combinada (carreira e tiro) e está aberta a tódalas categorías. A competición de tarde dará comezo ás 17 horas.

 

 

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.