O DOMINGO 13 CELEBRARASE EN RIBADUMIA A PRIMEIRA PROBA DO CIRCUITO GALEGO DE DUATLÓN CROSS

10 de Xaneiro de 2014

O domingo 12 de xaneiro (11:00 horas) celebrarase en Ribadumia a primeira proba do Circuíto Galego de Duatlón Cross con 110 inscritos. Con esta proba damos comezo a tempada 2014.

O Circuíto Galego de Duatlón Cross está formado por cinco probas: Ribadumia, Beariz,Maside, Candeán e Samieira. Haberá clasificación xeral individual (masculina e feminina), xúnior (m/f), veterán (m/f) e clubs (m/f) en cada unha das probas e tamén no circuíto.

A tempada acaba de comezar polo que aínda é complicado saber en que estado de forma se atopan os participantes para falar de favoritos, pero entre os inscritos figuran Darío Manuel Otero Pampín (Team Corbelo), Miguel Angel Arias Villajos (Team Corbelo), Marcos Mayo Figueira (C.T. Monte Abaixo), Máximo de la Iglesia Creo (C.T. Monte Abaixo) e Elpidio Gómez Sousa (Licenza 1 día), na categoría masculina; mentres que na feminina destacan Verónica Montes Villar (Trinity Triatlón), Marina González Rodríguez (Licenza 1 día) ou Lorena García Lago (Club Triatlón Mar de Vigo).

Ademais, será decisivo o estado no que se atope o percorrido, xa que as chuvias foron moi intensas. Se a proba tivera que celebrase uns días antes, estaría suspendida polas pésimas condicións nas que se atopaba o circuíto, completamente anegado, pero dende o xoves comezaron a mellorar as condicións climatolóxicas polo que se espera que se poida desenvolver sen problemas.

O II Duatlón Cross de Ribadumia comezará ás 11:00 da mañá, cunha saída conxunta para todas as categorías dende as Instalacións do Clube Náutico O Muiño de Ribadumia (Cabanelas – Ribadumia).

Os participantes terán que correr cinco quilómetros, facer 20 quilómetros en bicicleta de montaña e rematarán con 2,5 quilómetros a pe. Os percorridos discorrerán polas pistas do Paseo Fluvial do Umia entre Pontearnelas e Cabanelas.

Quizáis che interese…