O DOMINGO 18 DE MARZO CASE 220 DEPORTISTAS PARTICIPARÁN NO NADA E CORRE DE CARBALLO 2018

15 de Marzo de 2018

Preto de 220 deportistas (das categorías prebenxamín, benxamín, alevín, infantil e cadete) participarán o domingo 18 de marzo no Nada e Corre de Carballo, cuarta e última proba zonal do programa Nada e Corre 2018.

O Nada e Corre de Carballo celebrarase no Complexo Deportivo Carballo Calero. A proba de natación comezará ás 10:00 horas, mentres que a carreira a pe disputarase a partires das 12:00 horas. Na categoría alevín están inscritos 70 deportistas (masculinos e femininos), mentres que en benxamín son 44 e en cadete 38. Ademais, hai 36 infantiles e 30 prebenxamíns.

O programa Nada e Corre da presente tempada, que se desenvolve entre os meses de decembro e febreiro, está formado por catro probas clasificatorias zonais (Narón, Riveira, Vigo e Carballo) e unha final. Na final galega, que se celebrará a finais de abril en Ourense,  participarán os catro primeiros deportistas por categoría e sexo de cada proba zonal.

As distancias a realizar dependerán das categorías:

  • Prebenxamín: 25 metros de natación e 250 de carreira a pe.
  • Benxamín: 50 metros de natación e 500 de carreira a pe.
  • Alevín: 100 metros natación e 500 carreira a pe.
  • Infantil: 200 metros natación e 1.000 carreira a pe.
  • Cadete: 400 metros natación e 2.000 carreira a pe.

Este programa, que comezou no 2012 promovido pola Federación Galega de Tríatlon, está dedicado ás categorías menores e ten como obxecto traballar en inverno a natación, de forma moi especial, e a carreira, aspectos considerados fundamentais nestas idades polos técnicos.

 

Quizáis che interese…

Abu Dhabi e Quarteira

Abu Dhabi e Quarteira

O venres comezaba unha fin de semana intensa seguindo os triatletas internacionais galegos....