O DOMINGO 24 DE XANEIRO CELEBRARASE EN SAMIEIRA A SEGUNDA PROBA DO CIRCUITO GALEGO DE DUATLÓN CROSS  

21 de Xaneiro de 2016

O domingo 24 de xaneiro (11:00 horas) celebrarase en Samieira a segunda proba do Circuíto Galego de Duatlón Cross 2016, o X Duatlón Cross Concello de Poio, cunha inscrición provisional de 82 deportistas.

 

Entre os favoritos para facerse co triunfo podemos destacar ao deportista do club local Juan Sebastián Díaz (Tríatlon Poio), Darío Manuel Otero (Tríatlon O Treito), José Manuel Pedrosa (Artrogal-Tri 498) ou Marcos Mayo (Tríatlon O Treito). Elpidio Gómez, gañador en Beariz, non está inscrito na proba de Poio.

 

Na categoría feminina hai pouca participación e María Martínez (licenza dun día) parte coma favorita. Esta deportista logrou o triunfo na primeira proba do circuíto, aínda que Olalla Duro (Artrogal-Tri 498), ou Ana Ramos (Artrogal-Tri 498) tentarán plantarlle cara.

 

Os participantes terán que correr 6 quilómetros, facer 19,5 quilómetros en bicicleta de montaña e rematarán con 3 quilómetros a pe. A saída, meta e transicións estarán situadas no campo de fútbol de Samieira e os circuítos descorrerán por pistas forestais e sendeiros bastante técnicos.

 

O Circuíto Galego de Duatlón Cross 2016 está formado por tres probas: Beariz, Samieira e Maside. Haberá clasificación xeral individual (masculina e feminina), júnior (m/f), veterán (m/f) e clubs (m/f) en cada unha das probas e tamén no circuíto. Na proba de Beariz resultaron vencedores Elpidio Gómez (licenza dun día) e María Martínez (Atletismo Porriño).

 

 

 

Quizáis che interese…