O DOMINGO 26 DE MARZO CELEBRARASE A ÚLTIMA PROBA DO CIRCUÍTO GALEGO DE DÚATLON EN ARTEIXO

23 de Marzo de 2017

O 26 de marzo Arteixo acollerá a quinta e última proba do Circuíto Galego de Dúatlon de Estrada 2017, o II Dúatlon Concello de Arteixo, coa participación de máis de 160 deportistas. Ademais, tamén se celebrará unha proba popular.

A saída, transición e meta estarán instaladas no Campo de Fútbol de Arteixo e as distancias son de 5 quilómetros de carreira a pe, 20 de bicicleta e 2,5 de carreira. Haberá dúas saídas masculinas (11:00 horas – sen corte-  e 12:30), mentres que a proba feminina comezará ás 12:40 horas. Na proba popular (10:00 horas) as distancias serán máis curtas (2,5 quilómetros de carreira a pe, 10 de bicicleta e 1,5 de carreira a pe).

Entre os participantes na categoría masculina están Brais Misa (Atletismo Porriño), Miguel Ángel Acosta (Cidade de Lugo Fluvial), Pablo Pedrosa (Tríatlon Ferrol) ou Ismael López (Tríatlo Vilagarcía), entre outros. Ademais, na proba feminina están inscritas Marina González (Tri-Penta Terras de Lugo), Margarita Villaverde (GV Sports Club), Balbina Tarrío (Tríatlon Arteixo) ou Esther Rodríguez (Cidade de Lugo Fluvial).

O Circuíto Galego de Dúatlon de Estrada 2017 está formado por cinco   probas: Guitiriz, Cidade de Lugo, Riveira, Santiago e Arteixo. Está en  xogo a clasificación para o Galego de Dúatlon, que se celebrará en Vigo o 9 de abril. Cristina Torres (Mar de Vigo) e Manuel Ángel Penas (Tríatlon Arteixo) proclamáronse vencedores do XI Dúatlon Concello de Guitiriz, mentres que en Lugo gañaron Melina Alonso (Tríatlon Ferrol) e Andrés Cendán (Cidade de Lugo Fluvial). Ademais, Sara Guerrero (Náutico de Narón) e Brais Canosa (Arcade Inforhouse) proclamáronse vencedores do  Dúatlon Concello de Riveira. O pasado domingo, Edymar Daniely Brea (Tri-Penta Terras de Lugo) e Antonio Serrat (Tri-Penta Terras de Lugo) venceron no XV Duatlón Cidade de Santiago.

2016. Joselyn Brea (Tri-Penta Terras de Lugo) e Antonio Serrat (Tri-Penta Terras de Lugo) proclamáronse o pasado ano gañadores do I Dúatlon Concello de Arteixo, no que participaron máis de 250 deportistas.

Quizáis che interese…