O DOMINGO 4 DE MAIO CELEBRARASE EN GONDOMAR A FINAL PROVINCIAL DE PONTEVEDRA DE DUATLÓN ESCOLAR

1 de Maio de 2014

Este domingo 4 de maio (a partir das 11 horas) celebrarase en Gondomar a final provincial de Pontevedra do programa “Xogade” de Duatlón Escolar. Esta proba é clasificatoria para a final galega que se celebrará o 10 de maio en Portosín.
A final provincial estaba prevista para o pasado sábado no Porriño, pero foi suspendida polo Servizo Provincial de Deportes de Pontevedra (pola carencia do servizo de ambulancia), polo que finalmente a proba terá lugar este domingo nos arredores do campo de fútbol (Avd. Don Diego Sarmiento de Acuña).

As distancias son diferentes segundo a categoría. Desta forma, en benxamín as e os deportistas correrán 500 metros, farán 2 quilómetros en bicicleta e correrán 250 metros; en alevín as distancias son de 1 quilómetro (carreira), 4 quilómetros de bici e 500 metros de carreira a pe; en infantil,1,5 quilómetros de carreira, 6 quilómetros de bicicleta e 750 metros de carreira e, por último, en cadete son 2 quilómetros de carreira a pe, 8 quilómetros de bicicleta 1 quilómetro de carreira.
O programa está formado por sete probas locais que eran clasificatorias para as provinciais, de onde sairán os participantes na final galega. Nas fases provinciais (xa se celebraron as de Ourense, A Coruña e Lugo) clasifican para a final galega os 8 primeiros clasificados de cada categoría (masculino e feminino), ademais dos dous primeiros equipos por categoría e sexo. “Xogade” está desenvolvido pola Secretaría Xeral para o Deporte, en colaboración coa FEGATRI.

Quizáis che interese…

Oleiros é Tríatlon

Oleiros é Tríatlon

[Actualizado 13:00 01 de Junio de 2021] Xa temos os gañadores e as clasificacións do Tríatlon de...