O grupo de Alto Rendemento do Centro Galego de Tecnificación Deportiva, dirixido por Omar González, está concentrando en Lanzarote para preparar a tempada.
Desta forma en Sands Beach están traballando Camila Alonso, Joselyn Brea, Antonio Serrat, Fernando Alarza, Gustavo Rodríguez e Luis Velasques. Ademais, xunto a eles adestra Ainhoa Murua, que se suma ao traballo do grupo de Omar.
O obxectivo fundamental destas concentracións e acumular quilómetros nas pernas neste inicio de tempada e escapar da chuvia que, normalmente, temos en Galicia no inverno.
E non son os únicos galegos que se atopan nas islas Canarias. Xunto ao grupo de Alto Rendemento tamén están Iván Raña e Nacho Castro; mentres que en Fuerteventura está o grupo de Javier Gómez Noya (con Diego Paz e Melina Alonso, entre eles).