No día de onte e nun marco incomparable como é a praza Arquitecto Antonio Palacios, no Porriño. Tivo lugar a presentación do VI Tríatlon Popular Concello do Porriño que se disputará o próximo 8 de xuño.
Por parte do Concello do Porriño acudiu a alcaldesa Eva García. Esta é unha proba que trancurre por dous municipios e polo Concello de Tui estivo o seu concelleiro de deportes, Eduardo Freiría. Tamén asistiu o Comandante da Mariña de Tui así como mandos da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Porriño que velaran pola seguridade o día da proba. Por parte da Fegatri acudiu o presidente, Gonzalo Triunfo.
A alcaldesa do Porriño deu as grazas á organización, de xeito moi especial ós voluntarios dos colexios de educación especial Aceesca e As Esclavas e “particulamente ós participantes, polo voso esforzo e sacrificio e pola ambición de mellorar que ó fin e ó cabo, o que se aprende de facer deporte”
O presidente da Fegatri falou da boa saúde que goza esta proba no ambiente triatlético galego. Xa que é unha proba na que a organización non descoida ningún detalle e os deportistas agradeceno.
A competición disputarase en distancia Sprint. O Río Miño acollerá o segmento de natación. O ciclismo rematará no pobo do Porriño e a carreira a pé transcorrerá polo centro histórico.