TODO PREPARADO EN BAIONA PARA ACOLLER O CAMPIONATO GALEGO DE TRÍATLON OLÍMPICO SEN DRAFTING.

30 de Maio de 2019

Chega unha das citas preferidas polos triatletas da nosa comunidade, o V Triatlón Atlántico. Sede unha vez máis do Campionato Galego de Tríatlon sen drafting.

O Triatlón Atlántico está medrando en cada edición e este ano as inscricións esgotaronse en tempo récord, menos de 24 horas! Preto de 450 deportistas daranse cita na localidade pontevedresa. Para nadar ao caron da Carabela Pinta, pedalear loitando contra o vento que chega dende o Océano Atlantico e correr arredor do Parador con vistas ás illas Cíes.

Os vixentes campións da pasada edición Martín Carrera e Edymar Brea atoparanse o próximo domingo na Praia da Barbeira a un amplio elenco de competidores de primeiro nivel que non lle poñeran as cousas fáciles para revalidar a victoria. Unha das novidades nesta edición é a presenza do pentacampión do mundo en distancia olímpica, Javi Gómez Noya. A triatleta paralímpica Susana Rodríguez tamén estará presente, así como a vencedora da edición do 2017 a triatleta neozelandesa Anneke Jenkins.

A proba con centro neurálxico no Parque da Palma dónde se ubicará a zona de transición e meta, dará comezo as 9 da maña coa saída masculina.

Quizáis che interese…