O SÁBADO 18 DE MARZO CELEBRARASE O XV DÚATLON CIDADE DE SANTIAGO CON MÁIS DE 200 INSCRITOS

16 de Marzo de 2017

O sábado 18 de marzo celebrarase o XV Duatlón Cidade de Santiago, cuarta proba do circuíto Galego de Dúatlon, no que participarán 220 deportistas. Ademais, tamén se disputará o Dúatlon Popular, con 20 inscritos, e o Escolar Cidade de Santiago con 240 inscritos.

Entre os inscritos no clasificatorio masculino grandes deportistas coma Antonio Serrat (Tri-Penta Terras de Lugo), Brais Canosa (Arcade Inforhouse), Brais Misa (Atletismo Porriño), Enrique Morán (Atletismo Porriño), Juan Sebastián Díaz (Tríatlon Poio) ou Marcos Carrera (Natación Riveira).

Iria Rodríguez (Atletismo Porriño), Carla Castaño (Arcade Inforhouse), Marina González (Tri-Penta Terras de Lugo), Tania Súarez (Olímpico de Vedra), Marta Barbeiro (Náutico de Narón), Enma Romeo (Tríatlon Ferrol) ou Esther Rodríguez (Cidade de Lugo Fluvial) serán algunhas das protagonistas da proba feminina.

O Cidade de Santiago terá varias saídas: A proba popular (con distancias máis curtas de 2 quilómetros de carreira, 8 de bicicleta e 1 de carreira) comezará ás 15:30 horas, a proba masculina sen curte darase ás 16:15 horas e despois celebrarase as saídas masculina (17:45) e feminina (17:55). A saída, transición e meta estarán instaladas no  polígono de Costa Vella e as distancias serán de 5 quilómetros de carreira a pe, 20 de bicicleta e 2,5 de carreira.

O Circuíto Galego de Dúatlon de Estrada 2017 está formado por cinco   probas: Guitiriz, Cidade de Lugo, Riveira, Santiago e Arteixo. Está en  xogo a clasificación para o Galego de Dúatlon, que se celebrará en Vigo o 9 de abril. Cristina Torres (Mar de Vigo) e Manuel Ángel Penas (Tríatlon Arteixo) proclamáronse vencedores do XI Dúatlon Concello de Guitiriz, mentres que en Lugo gañaron Melina Alonso (Tríatlon Ferrol) e Andrés Cendán (Cidade de Lugo Fluvial). Ademais, Sara Guerrero (Náutico de Narón) e Brais Canosa (Arcade Inforhouse) proclamáronse vencedores do  Dúatlon Concello de Riveira.

Campións 2016. Alberto Castiñeira e Inés Castaño, ambos do Arcade, proclamáronse o pasado ano campións do XIV Dúatlon Cidade de Santiago, no que participaron preto de 200 deportistas.

Dúatlon Escolar. O mesmo sábado pola mañá celebrarase o Dúatlon Escolar Cidade de Santiago, que conta cunha inscrición de máis de 240  deportistas das categorías benxamín (75), infantil (73), alevín (57) e cadete (37). As distancias son diferentes segundo a categoría. Desta forma, en benxamín as e os deportistas correrán 500 metros, farán 2 quilómetros en bicicleta e correrán 250 metros; en alevín as distancias son de 1 quilómetro (carreira), 4 quilómetros de bici e 500 metros de carreira a pe; en infantil, 1,5 quilómetros de carreira,  6 quilómetros de bicicleta e 750 metros de carreira e, por último, en cadete son 2 quilómetros de carreira a pe, 8 quilómetros de bicicleta 1 quilómetro de carreira.

O programa de Dúatlon Escolar consta de cinco probas locais ou zonais (Fene, Mondoñedo, Lugo, Santiago e Maceda) nas que se clasifican os 25 mellores por categoría e sexo para as fases provinciais e aquí lograrán o pase ao Galego os 8 primeiros clasificados de cada categoría, ademais dos dous primeiros equipos por categoría e sexo. “Xogade” está desenvolvido pola Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, en colaboración coa Federación Galega de Tríatlon. No mes de febreiro tivo lugar a primeira proba, que se desenvolveu en Fene, e a comezos de marzo a de Mondoñedo.

Ademais, este mesmo sábado 18 de marzo (16:00 horas) terá lugar o Dúatlon Escolar de Lugo, cunha participación de preto de 70 deportistas. A saída, transición e meta estarán ubicadas no Paseo do Rato.

Quizáis che interese…