O SÁBADO 18 DE XULLO CELEBRARASE O V TRÍATLON CONCELLO DE ARTEIXO

16 de Xullo de 2015

O V Tríatlon Concello de Arteixo, segunda proba do  Circuíto Galego de Tríatlon de Estrada e clasificatorio para o Campionato Galego 2015, celebrarase o sábado 18 de xullo coa participación de máis de douscentos deportistas.

 

A competición comezará ás 15:30 horas coa saída da proba popular e os participantes terán que facer distancias máis curtas (300 metros de natación, 10 quilómetros de bicicleta e 2,5 quilómetros de carreira a pe). O resto das probas disputaranse sobre a distancia sprint (750-20-5).

 

Ás 17:45 horas darase a saída á proba feminina, coa participación de Príscila Suárez (Tríatlon Ferrol), Diana Cotón (Arcade Inforhouse) ou Lorena García (Mar de Vigo) entre outras. Para a proba masculina haberá dúas saídas: ás 16:30 h comezará a proba B, mentres que ás 17:00 horas será a saída elite masculina. Entre os inscritos destaca o mexicano César Ramiro Saracho (Tríatlon Arteixo), que compite na súa casa.

 

O Tríatlon de Arteixo terá como punto de saída, transición e meta a praia de Sabón e a natación realizarase no mar. O percorrido de bicicleta ten moitas pequenas pendentes polo que será bastante duro, mentres que a carreira a pe discorrerá polo paseo marítimo.

Quizáis che interese…