SUSANA RODRÍGUEZ PARTICIPARÁ NUNHA PROBA MUNDIAL DE PARATRIATLON EN FRANCIA

16 de Xullo de 2015

A viguesa Susana Rodríguez participará o sábado 18 de xullo (16:30 horas) nunha proba mundial de Paratriatlon que se disputará en Francia (Iseo). Será un torneo moi importante para a galega, sobre todo despois da mala actuación do Europeo, onde non puido render ao seu nivel.

 

As distancias da proba de Francia serán as habituais (750 metros de natación, 20 quilómetros de bicicleta e 5 de carreira a pe). Susana, xunto á súa guía Mayalen Noriega, tentará esquecer a mala proba do Europeo de Ginebra, na que non se atoparon ben. Agora comeza a loita pola clasificación para os Xogos Paralímpicos de Río e Susana estivo estas últimas semanas preparándose para este importante reto en Sierra Nevada.

 

Na proba de Iseo non estará a campioa de Europa da súa categoría (PT-5, deportistas con discapacidade visual), Alison Patrick (Gran Bretaña) nin Melissa Reid (unha das súas rivais máis fortes), pero si a subcampioa de Europa Joleen Hakker (Holanda).

 

 

 

 

Quizáis che interese…