O SÁBADO 22 DE XULLO DISPUTARASE O I TRÍATLON CONCELLO DE REDONDELA CON MÁIS DE 160 DEPORTISTAS

20 de Xullo de 2017

O sábado 22 (a partir das 16:00 horas) disputarase o I Tríatlon Popular Concello de Redondela coa participación de máis de 160 deportistas. Entre os deportistas inscritos atópanse José Manuel Pardo Leis (Tríatlon Arteixo), Nicolás Domínguez (DISA HPS Triatlón), Antonio Souto (Independente), Ana María López (Tri Ourense), Aída García (Olímpico de Vedra) ou Mónica Alarcón (NoSportLimit).

As distancias serán de 750 metros de natación, 20 quilómetros de carreira a pe e 5 de carreira a pe. A saída e a primeira transición estarán ubicadas no Porto de Cesantes, mentres que a segunda transición e a meta irán ubicadas na Alameda de Redondela.

Quizáis che interese…

Galegos con maiúsculas

Galegos con maiúsculas

Antonio Serrat, Susana Rodríguez, Antonio Benito, Cidade de Lugo Fluvial, Pablo Dapena e as...