O SÁBADO 24 CELEBRARASE O II TRÍATLON POPULAR CONCELLO DE CAMBADOS CON 200 INSCRITOS

23 de Xuño de 2017

O sábado 24 de xuño (18:00 horas) celebrarase o II Tríatlon Popular Concello de Cambados, con 200 deportistas inscritos. Hoxe tivo lugar o acto de presentación do evento no Concello de Cambados coa presenza do concelleiro de Deportes, Víctor Caamaño; o presidente da Federación Galega de Tríatlon, Óscar Surís; o técnico de Deportes do Concello, Alfredo Oliveira; e o responsable da empresa organizadora, Miguel Fernández.

A proba celebrarase sobre a distancia sprint, é dicir: 750 metros de natación, 19 quilómetros de bicicleta e 5 de carreira a pe. A saída, transición e meta estarán situadas na Escalinata de Santo Tomé.

Na categoría masculina podemos destacar a José Manuel Pardo Leis (Tríatlon Arteixo), Juan Sebastián Díaz (Club Ciclismo-Tríatlon Poio), Gustavo Barral (Tríatlon Coruña) ou Cristóbal Cacheda (Team Corbelo), mentres que na feminina están inscritas Balbina Tarrío (Tríatlon Arteixo), Patricia Iglesias (Team Corbelo) ou Laura López (Tri Ourense), entre outras deportistas.

 

 

Quizáis che interese…

Abu Dhabi e Quarteira

Abu Dhabi e Quarteira

O venres comezaba unha fin de semana intensa seguindo os triatletas internacionais galegos....