O triatlón galego suma seis podios no Campionato de España de Laser Run

19 de Setembro de 2022

Oviedo acolleu o 10 de setembro o Campionato de España de Laser Run e o triatlón galego regresou da capital asturiana con seis podios. Cunha colleita de cinco medallas individuais, todas elas acadadas por representantes do Tri-Penta Terras de Lugo, a nosa comunidade ocupou a terceira posición na clasificación por autonomías.

A categoría Sub-15 masculina rexistrou os mellores resultados dos participantes galegos. Beltrán Sanfiz, cun rexistro de 6:47, conquistou a medalla de ouro por diante do cántabro Samuel Velarde (6:55). A segunda medalla dun triatleta do Tri-Penta neste grupo de idade conseguiuna Álvaro Cerro e cuarto rematou o seu compañeiro Héctor López.

O outro ouro da delegación desprazada dende Galicia asinouno Óscar López, gañador Sub-19. Ao resto do botín galego contribuíron Mireia Vila, terceira nas Sub-15, e Aroa Freije e Lucía Rubio, prata e bronce respectivamente nas Sénior. Ademais, Patricia Castro finalizou cuarta nas Máster-40.

A clasificación por autonomías liderouna a anfitrioa Asturias con 85 puntos, Cantabria sumou 15  e Galicia, con 13 puntos, obtivo a terceira praza.

 

 

Quizáis che interese…