O TRIATLON VILAGARCÍA COMEZA A DAR OS SEUS PRIMEIROS PASOS

9 de Xaneiro de 2016

O tríatlon galego conta esta tempada cun novo club, O Tríatlon Vilagarcía, que onte 8 de xaneiro foi presentado en sociedade.

No acto de presentación estiveron presentes ademais dos representantes do club, que será presidido por César Buján, o presidente da Federación Galega de Tríatlon Óscar Surís, e os triatletas Aída Valiño e Gustavo Rodríguez e o ciclista Gustavo César Veloso, que exerceron coma padriños desta nova entidade.

O Tríatlon Vilagarcía nace no seo do Atenas Running VDA e conta cunha veintena de deportistas que levan tempo adestrando e tomando parte en diferentes competicións de dúatlon e tríatlon.

Quizáis che interese…