O Club Ciclismo-Tríatlon Poio celebrou o pasado día 9 de xaneiro a gala de presentación do club para a tempada 2016, na que a entidade cumprirá dez anos de vida.
A principal novidade para este ano é a incorporación ao proxecto dos clubs Galaekia e Os Rachamontes, tamén de Samieira. Ao acto de presentación acudiu o vicepresidente da Federación Galega de Tríatlon, Luis Piña, mentres que Pablo Dapena fixo de padriño. O presidente do club Alfonso Gondar agradeceu o apoio do Concello, que está a permitir a realización das escolas de ciclismo e tríatlon, e desta forma traballar coa base do noso deporte.