OFICIAIS

Non só os triatletas
fan tríatlon.
Ti tamén podes
participar.

FORMACIÓN DE OFICIAIS AUTONÓMICOS

Faite oficial de Tríatlon.

A FEGATRI é a responsable da formación autonómica.
Os xuíces autonómicos teñen as categorías de Oficial Técnico Nivel I e Oficial Técnico Nivel II de  Tríatlon.

O noso colectivo segue a normativa e estrutura formativa da Federación Española de Triatlón . Os xuíces formados en Galicia pasan a formar parte desta estrutura.

Os cursos de formación  desenvólvense entre o remate dunha tempada e o comezo da seguinte, na segunda e terceira fin de semana do mes de xaneiro.  Nos mes de decembro publícase a convocatoria de formación, cos procedementos de inscrición, en colaboración coa FETRI.

FAITE OFICIAL DE TRÍATLON! e disfruta do tríatlon doutro xeito

CONVOCATORIA CURSOs XUÍCES/OFICIAIS

O Colexio Galego de Xuíces e Oficiais de Tríatlon  celebra cada ano cursos de OFICIAL NIVEL 1 de triatlón en colaboración coa Federación Española de Tríatlon.

Os cursos estanse impartindo en formato semipresencial e está establecida a súa celebración nos meses de xaneiro de cada tempada. As convocatorias son publicadas na páxina principal da nosa web.

xuices fegatri

Explicando as normas

**ERROS SANCIONABLES COMETIDOS A MIÚDO POLOS DEPORTISTA

(Ver regulamento de competición para ampliar información.)

√  -IMPRESCINDIBLE- DNI, LICENZA ou DOCUMENTO OFICIAL con foto 

O deportista acudirá  identificado á área de transición,  para pasar o control de material. (Documento oficial)

Non se permitirá a participación de ningún/ha deportista participante que non estea no listado facilitado pola organización e previamente visado pola Fegatri.

√  – CASCO PECHADO SEMPRE QUE  HAXA CONTACTO COA BICICLETA .

O casco debe ir posto e pechado en todo momento no que se ten contacto coa bicicleta.

Cando pasamos o control de material

Nos quecementos

En todo o sector ciclista

Na área de transición

Antes de coller a bicicleta do soporte

Ata o momento en que se deposita a bicicleta no soporte, unha vez deixamos a bicicleta no soporte xa se pode abrir e sacar.

 √  – DORSAL OBRIGATORIO NA CARREIRA A PÉ E NO CICLIMO

O dorsal será obrigatorio en todos os sectores, claramente visible á fronte do deportista en carreira a pé e  na entrada á meta, e nas costas no Ciclismo.

√  – PEITO CUBERTO EN  TODO MOMENTO

Non se pode realizar ningún segmento (nin a natación) co peito descuberto.

A cremallera dianteira non pode ir aberta en ningún momento, salvo en probas de media e longa distancia onde  se permite ata os 50 metros previos ao arco de meta

√  – CIRCULACIÓN CORRECTA NA TRANSICIÓN

Débese acceder polo pasillo correcto e respectar o senso de circulación

Prohibido pasar por baixo ou por riba das barras ou soportes das bicicletas

√  – PROHIBIDO AGARRARSE ÁS ÁRBORES, VALOS OU MATERIAL URBANO PARA IMPULSARSE NOS XIROS

O deportista non pode agarrarse nos xiros ou curvas aos valos, árbores, farolas ou calquera outro material.(para corrixilo aplicarase unha sanción de tempo)

√  – PROHIBIDO SER ACOMPAÑADO OU ACCEDER A CALQUERA PARTE DO CIRCUÍTO  AO CARÓN DO DEPORTISTA POR PERSOAS QUE NON ESTÁN COMPETINDO

Non se pode correr ao carón do deportista apoiandoo dende fóra do percorrido.

Acceder á liña de meta con familiares, animais, ou calquera persoa que non estea competindo supón a descualificación.

√  – OLLO Á BICICLETA

O guiador-    

  • Curva tradicional para competición de estrada onde se poida ir a roda. Extremos taponados.
  • BTT para probas de cros.
  • Non se permite bicicleta de ciclocros ou cicloturismo en ningún caso

O acople –

En competicións  onde se permite circular en grupo,  “drafting”/ Ir a roda permitido,   está PROHIBIDO o uso de calquera acople ou  engadido ao manillar (soporte do acople, repousabrazos, ou semellante). Non se permite acople de ningún tipo.

A roda (Competición aberta autonómica ou GGEE)-  Non menos de 12 radios.

√  -RESPONSABILIDADE XERAL DO ATLETA

Obriga de coñecer o circuíto e o regulamento

Responsabilidade de completar o circuíto

Respecto á contorna e as persoas

√  -AXUDAS EXTERNAS

Non  se permite ningún tipo de axuda, agás o avituallamento e material de reparación entre deportistas na competición.

Os adestradores deben dar as indicacións quietos dende fóra do circuíto.

Non se pode abandoar o material entregándoo a adestradores ou expectadores.

Aos menores ata infantil pódeselles axudar con avarías mecánicas. Só adestradores, oficiais e persoal de organización.

 

xuices fegatri