OS CLUBS GALEGOS, PREMIADOS NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRÍATLON SPRINT E ACUATLÓN

26 de Xullo de 2017

Os clubs galegos tamén acadaron magníficos resultados no Campionato de España de Tríatlon Sprint e Acuatlón, que se celebrou a pasada fin de semana en Banyoles.

No Campionato de España de Tríatlon Sprint, que era a cuarta xornada da Liga Nacional de Tríatlon, os clubs galegos lograron dos ouros, unha prata e tres bronces. En elite feminina, o Tríatlon Ferrol (con Camila e Melina Alonso e Carmen Gómez) logrou a primeira posición, mentres que o Cidade de Lugo Fluvial (con Nuria Rodríguez, Lucía Vergara e Cecilia Santamaría) subiu ao terceiro posto do podio.

En elite masculina, o Cidade de Lugo Fluvial (Pablo Dapena, Ricardo Hernández e Kevin Viñuela) logrou a medalla de prata.

Na categoría júnior feminina, o Arcade Inforhouse (Inés Castaño, Beatriz Ortín e María Lois) proclamouse campión de España. Por ultimo destacar os bronces de Náutico de Narón (Nerea García, Andrea Trigo e Noelia Serantes) na categoría cadete feminino e do Cidade de Lugo Fluvial (Esteban Basanta, Francisco Gómez e Javier Pena), en cadete masculino. 

No Campionato de España de Acuatlón, celebrado o domingo 23, continuaron os éxitos para os clubs galegos con cinco ouros  e unha prata.

Os ouros foron para Tríatlon Ferrol (elite feminina), Náutico de Narón (sub 23 feminino), Arcade Inforhouse (júnior feminino), Náutico de Narón (cadete feminino) e Cidade de Lugo Fluvial (cadete masculino). Ademais, hai que destacar a medalla de prata do Cidade de Lugo Fluvial en elite masculino.

Tedes todos os resultados no seguinte enlace:

Resultados 

 

 

Quizáis che interese…