A galega Inés Santiago (Tríatlon Ferrol) rematou hoxe na décimoquinta posición na Copa do Mundo de Tiszaujvaros (Hungría).
A pesar de que é un bo resultado nunha Copa do Mundo, as sensacións non foron as mellores para Inés. Na bicicleta logrou meterse no primeiro grupo e o ritmo era altísimo, e despois lle pasou factura. Na carreira a pe logrou recuperar algunha posición para chegar a meta 15ª cun tempo de 01:02:03. A mellor español foi Anna Godoy, que foi oitava, mentres que Sara Pérez foi 19ª.
A triatleta galega xa pensa no Europeo sub 23, próxima cita dentro de dúas semanas.