Óscar José Suris, novo presidente da Federación Galega de Tríatlon

16 de Novembro de 2014

Óscar José Surís Regueiro é o novo presidente da Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno. Hoxe mesmo (16 de novembro) a xunta electoral procedeu á proclamación definitiva do presidente e dos membros da comisión delegada para os próximos catro anos, despois das eleccións celebradas o pasado mércores.

Desta forma, Óscar Surís foi elixido presidente por 14 votos, fronte aos 9 acadados polo outro candidato, Ramón Arias García.

Ademais, a comisión delegada queda formada por:

Óscar José Suris Regueiro (membro nato)

Club Tríatlon Ferrol (Clubs)

Club Triatlón Santiago (Clubs)

Nosportlimit-Trek Galicia (Clubs)

Lorena García Lago (deportistas)

Marcos Rodríguez Baliña (deportistas)

Ruth Ballesteros Canel (Técnicos)

Logística del Deporte, La cultura y el Ocio S.L.U. (Organizadores/Xuíces)

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.