O galego Pablo Dapena (Cidade de Lugo Fluvial) pechará a tempada este sábado 15 de outubro (a partir das 09:00 horas) disputando a Challenge Peguera Mallorca, que este ano celebra a súa terceira edición. Dapena é o único deportista da Federación Galega de Tríatlon presente en Mallorca na categoría PRO -según a lista de saída da Challenge-, nunha proba que este ano esgotou a súa inscrición.
Os deportistas terán que facer 1,9 quilómetros de natación na praia de Torá; 90 quilómetros de ciclismo por un circuíto duro e esixente e rematarán con 21 quilómetros de carreira a pe (por un circuíto máis suave que o do pasado ano)