Os dous primeiros calsificados no Campionato do Mundo de Longa Distancia de Pontevedra, Javi Gómez Noya e Pablo Dapena. Volveran a coincidir nunha competición. Ata Dinamarca desprazanse dous dos nosos mellores triatletas para loitar polo cetro europeo de Ironman 70.3. Será o próximo domingo 23 cando o ferrolán e o pontevedrés se volverán a enfrentar.
Pablo Dapena ven de facerse fai unhas semanas coa clasificación para o mundial da franquicia, que se disputará en Niza. Logrando o segundo posto na proba de Suíza. Por outra banda Javi Gómez Noya, este ano centrado nas Series Mundiais. Chegará á cita danesa tamén coa clasificación no peto para Niza. O ferrolán ven de facer podio na proba das WTS en Leeds.
Polo tanto esta será a segunda ocasión na que gozaremos ca presenza de Javi Gómez e Pablo Dapena na mesma liña de saída. Esperemos que lles vaia tan ben coma na anterior ocasión na que se enfrentaron e acadaron un doblete histórico para o tríatlon galego.