PABLO DAPENA, NA COPA DE EUROPA DE RIGA

6 de Agosto de 2015

O deportista galego Pablo Dapena participará esta fin de semana na Copa de Europa Sprint de Riga (Letonia). O triatleta volve á competición despois dunhas semanas ausente por culpa dunha lesión, que lle impedía render a un bo nivel.

As distancias nesta proba serán de 750 metros en natación, 20 quilómetros de bicicleta e 5 de carreira a pe.

Moita sorte para o noso triatleta!

Quizáis che interese…