SONIA PARIENTE E UXÍO ABUÍN, VENCEDORES DO HÉRCULES XTRM

3 de Agosto de 2015

Sonia Pariente (GV Sport) e Uxío Abuín (Tríatlon Arteixo) proclamáronse vencedores da segunda edición do Hércules XTRM, que se celebrou o pasado día 25 de xullo na cidade da Coruña cunha participación de 530 deportistas en todas as probas celebradas.

Sonia Pariente logrou un triunfo claro na categoría feminina cun tempo de 5:16:14, mentres que segunda foi Priscila Suárez (Tríatlon Ferrol) cun tempo de 5:22:56 e terceiro foi María Jesús Sierra cun tempo de 5:25:19.

Na categoría masculina a vitoria foi para Uxío Abuín (4:16:05) con bastante superioridade sobre o resto de participantes. Na segunda posición chegou David Castro (Trisinfronteras) cun crono de 4:24:02 e  o bronce foi para Ricardo Rey (NoSportlimit-Trek Galicia) cun tempo de 4:25:26.

A continuación tedes as clasificacións.

Clasificacion_Hercules_Extream

Quizáis che interese…

Galegos con maiúsculas

Galegos con maiúsculas

Antonio Serrat, Susana Rodríguez, Antonio Benito, Cidade de Lugo Fluvial, Pablo Dapena e as...