Plan Corresponsables 2023

7 de Agosto de 2023

 

Actuación financiada pola Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, a través da Secretaría Xeral para o Deporte, en desenvolvemento do Plan Corresponsables

Plan Corresponsables

O Plan Corresponsables é a nova política iniciada en 2021 2021 residenciada na Secretaría de Estado de Igualdade e contra a Violencia de Xénero do Ministerio de Igualdade que ten por obxecto iniciar o camiño cara a garantía do coidado como un dereito en España dende a óptica da igualdade entre mulleres e homes, ao amparo do artígo 44 da Lei Orgánica 3/2007, de 22 de marzo, para a Igualdade Efectiva de
Mulleres e Homes, e dende un enfoque de garantía de dereitos universales, á marxe da condición laboral das persoas beneficiarias. Dita política, adquire unha relevancia maior no contexto da crise sanitaria mundial que está incidindo de forma específica e negativa na igualdade de xénero e nos dereitos das mulleres; entre outras cuestións pola especial incidencia das restriciónss de movilidade e  peches de centros educativos na vida laboral, personal e familiar das mulleres, en tanto que son elas quen de forma maioritaria asumen no noso país a carga de coidados familiares e domésticos.

O Plan Corresponsables concíbese como unha política semente que permita articular mecanismos de colaboración coas comunidades autónomas e as cidades de Ceuta e Meliilla  para o apoio específico ás necesidades de conciliacion das familias con nenas, nesos, mozas e mozos menores de 16 anos; así como con outros eixos de actuación relacionados coa creación de emprego, a dignificación e recoñecemen to da experiencia profesional de coidados, a sensibilización en materia de corresponsabilidade e a articulación de bases informativas de recursos dispoñibles neste campo.

Obxectivos do plan

As Federación Galega de Tríatlon  contribuirá á conciliación  da vida profesional e persoal das familias por medio da habilitación de servizos de coidado profesional de nenas, nenos e mocidade menores de 16 anos.

As actividades realizadas dentro do ámbito de aplicación do Plan Corresponsables, ademáis do anterior,  teñen como eixo vertebrador a realización de actividades deportivas, relacionadas coas modalidades coas que contan os deportes de Tríatlon e Péntatlon Moderno, sen perxuízo de que se practiquen outras modalidades deportivas e de ocio, xa que o que se busta é a adquisión polos participantes de hábitros saúdables de vida, concienciación e respecto polo medio natural onde se realizarán as actividades principalmente. As actividades serán coordinadas pola FEGATRI e desenvolvidas a través de convenios cos clubs que así o solicitaron quen contratarán o persoal necesario coas titulacións requiridas pola orde de desenvolvemento do plan.

 

Lugares de Desenvolvemento das actividades e oferta de prazas:

Péntatlon Moderno

  • Lugo -15 prazas
  • Cervo- 15 prazas

Tríatlon

  • Outes- 20 prazas
  • Santiago de Compostela- 20 prazas
  • Cedeira-Cariño- 20 prazas
  • Narón- 20 prazas
  • Lugo- 20 prazas

Información e Inscricións:

 

Normativa de Referencia da Subvención do Plan Corresponsables da Subdirección Xeral de Xestión Deportiva da Secretaría Xeral para o Deporte

RESOLUCIÓN do 4 de agosto de 2023, da Subdirección Xeral de Xestión Deportiva da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fan públicas as listaxes de solicitudes suxeitas a emenda, as solicitudes inadmitidas e as solicitudes admitidas, presentadas ao abeiro da Orde do 6 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, de carácter plurianual e en réxime de concorrencia competitiva, dirixidas a entidades deportivas para a construción, reforma, reparación, adecuación ou mellora de instalacións deportivas, e se convoca para os anos 2023 e 2024 (código de procedemento DE401D).

ORDE do 6 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a federacións deportivas de Galicia para o desenvolvemento do Plan Corresponsables a través da realización de actividades de animación sociodeportiva, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento DE402B).

 

Quizáis che interese…