PONTEVEDRA SEDE DA PRIMEIRA EDICIÓN DO PRO TOUR DE TRÍATLON

25 de Xuño de 2019

A cidade do LéreZ acollerá unha vez máis unha proba de tríatlon de primeiro nivel. Despois do bo sabor de boca que deixou o Mundial Multisport celebrado en maio. A Federación Española de Triatlón escolleu a Pontevedra para celebrar a que será unha competición única ata o momento, en territorio español e que ten como finalidade impulsar aos mellores deportistas nacionais.

A proba constará de dous días de competición e na que se darán cita os corenta mellores triatletas españois, tanto en categoría feminina como masculina.

O primeiro día, recibirá o nome de “40×15”. os triatletas terán que afrontar dúas carreiras en formato supersprint. É decir, unha vez que acaben a primeira carreira a pé volveran a lanzarse á auga. En cada unha das transicións os cinco últimos deportistas quedarán desclasificados, ata quedar só con quince triatletas no sector final de carreira a pé.

O segundo día, tamén en formato supersprint, disputaranse duas eliminatorias de vinte triatletas, no que só dez deportistas tomarán parte na proba final. A suma de ambas as dúas xornadas determinará a clasificación final.

E para que a emoción e competividade sea máxima. O Pro Tour de Triatlón será a proba que reparta os premios máis altos de toda España. Repartiranse 37000€!!

O entorno da Ponte dos Tirantes, un emblema xa para o tríatlon internacional, será o epicentro da actividade competitiva.

Quizáis che interese…