Portugal gaña o Tríatlon da Amizade

18 de Setembro de 2017

Portugal logrou o triunfo no XI Tríatlon da Amizade celebrado este domingo entre Tomiño e Vila Nova de Cerveira coa participación de case 200 triatletas (proba elite e de menores). Na clasificación individual venceron os portugueses José Pedro Vieira e Katarina Larsson, mentres que os galegos mellor clasificados foron Nerea Castro (terceira) e Cristóbal Dios, que foi oitavo.

Na categoría feminina, o podio quedou formado por Katarina Larsson, que logrou o triunfo con case un minuto de distancia sobre Ana Filipa Ferreira. A terceira posición foi para a galega Nerea Castro, que chegou a meta xunto á súa irmá, Saleta, que ocupou a cuarta posición co mesmo tempo.

amizade podio mascNa proba masculina o dominio luso foi maior. Venceu José Pedro Vieira (59:20), coa prata para Miguel Tiago Silva (1:00:29) e o bronce para Rafael Domingos (1:00:53). O primeiro galego clasificado foi Cristóbal Dios, que chegou na oitava posición.

Nos documentos adxuntos tedes as clasificacións, tanto individuais, coma de equipos, países e do tríatlon de menores.

 

 

InfoClasGeneFemenina

InfoClasGeneMasculina

InfoClasPais

RESULTADOS AMIZADE JOVEM

InfoClasTiemTRI04

InfoClasTiemTRI05

 

Quizáis che interese…