VIVEIRO ACOLLERÁ A PRÓXIMA SEMANA O MUNDIAL DE BIATLE E TRIATLE CON MÁIS DE 500 PARTICIPANTES

17 de Setembro de 2017

Viveiro acollerá do 20 ao 24 de setembro o Mundial de Biatle e Triatle no que participarán máis de 500 deportistas de 22 países. O venres 15 celebrouse o acto de presentación do Mundial no que estiveron presentes a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro; o concelleiro de Deportes, Emilio Villarmea; o vicepresidente da Federación Española de Pentatlón Moderno, Paco Villanueva e o presidente do club de atletismo Egovarros, Paco Rodríguez.

Os países participantes no Mundial de Biatle (dende a categoría prebenxamín a veterán 70) e Triatle (dende benxamín a veterán 60) son Austria, Alemaña, Bielorrusia, Chipre, Chequia, Ecuador, Exipto, Francia, Gran Bretaña, Irlanda, India, Italia, Kazakistán, Letonia, Mónaco, Nepal, Paquistán, Portugal, Rusia, España, Ucraína, Sudáfrica.

O Mundial comezará o mércores 20 coa reunión técnica (18:30 horas) e pola tarde farase un desfile polas rúas de Viveiro dos 22 países cos seus deportistas.

O xoves 21 comezará a competición de relevos mixtos de Biatle (carreira, natación, carreira), a partir das 16 horas, no Porto Deportivo de Viveiro. O venres 22 (16:00 horas) será a quenda para os relevos mixtos de Triatle (tiro, natación e carreira). O sábado 23, en xornada de mañá e tarde, serán as finais de Triatle e finalizaremos o domingo 24, tamén en xornadas de mañá e tarde, coa final individual de Biatle.

CartelBaja

Programa_VISUAL

Horario

Quizáis che interese…