O pasado xoves, 4 de maio, celebrouse a presentación do XII Tríatlon Concello de Vilagarcía – Campionato Xunta de Galicia Tríatlon Equipos Contra o Reloxo. Unha proba que este domingo reunirá a 500 deportistas das categoría escolar, open e absoluta.
A primeira salida será a dos equipos escolares, a partir das 10:00, que farán un percorrido de 300m de natación–7,2 km en bicicleta–2 km de carreira a pé. A continuación. A continuación será a quenda da saída dos equipos Open e Absoluta que completarán un circuíto de 750m de natación–20km en bicicleta–5km de carreira a pé.
Os equipos, compostos por un mínimo de 4 e un máximo de 6 compoñentes, terán que que chegar á meta xuntos, traballando en equipo para rematar no menor tempo posible.
A competición desenvolverase nun circuíto que abranguirá a zona do Parque Dona Concha, a rúa Preguntoiro, a rúa Víctor Pita e a avenida Valle-Inclán. Mentres que a zona de transición será a da rampla do Intecmar.
O Tríatlon Vilagarcía/Atenas Running e a Fundación de Deportes son os organizadores da proba, coa colaboración da Federación Galega de Tríatlon e PM, Policía Local, Protección Civil e a Secretaría Xeral para o Deporte.
Toda a información da proba, aquí.