Presentación do XIV Dúatlon de Reis

23 de Decembro de 2022

O XIV Dúatlón de Reis será o Campeonato Galego de Dúatlon Cros e a primeira proba puntuable para o Circuíto Galego 2023.

O Concello de Vimianzo presentou este mércores o XIV Duatlón de Reis, Campeonato Galego e a primeira proba puntuable para o Circuíto Galego 2023.
A competición se celebrará o vindeiro 8 de xaneiro e contará tamén cunha proba do Circuito Mozo e unha proba popular na que poderán participar deportistas federados e non federados.

Á presentación do evento acudiron a alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez; o concelleiro de Deportes, Mario Andújar; o presidente da FEGATRI, Javier Campos Peña; o actual campión galego, Gabriel Castiñeira, e a actual campioa do Circuíto Galego e do Duatlón de Reis, Mar Delgado a quen se lle fixo entrega do póster de Campioa do Dúatlon de Reis 2022.

As saída terán lugar na praza Neira Marcos en Castromil, na parroquia de Salto. Ás 9:30 será o turno da proba do Circuito Mozo e popular, mentras que o Campeonato Galego comezará as 11:00.

Quizáis che interese…