Antonio Serrat e Iria Rodríguez na Gran Final de Edmonton

world triatlon antonio serrat

20 de Agosto de 2021

Despóis da Serie Mundial de Montreal onde disfrutamos do estreno dos novos formatos do tríatlon mundial e onde o galego Antonio Serrat acadou o quinto posto final, é a hora de dar por terminada a tempada do mellor tríatlon do mundo coa disputa da Gran Final de Edmonton (Canadá).

Despóis dunha semana de recuperación, Antonio Serrat será a única representación española na gran final de Edmonton, onde tratará de estar entre os millores e terminar da millor forma posible unha tempada espectacular. Nestos momentos e a falta da gran final encóntrase no 9º posto do Mundial 2021 e sabendo que esta última proba puntúa doble, seguro que dará todo para subir algún posto na clasificación final.

world triatlon antonio serrat gran final de edmonton

Foto WORLD TRIATHLON

A proba será retransmitida en directo o sábado 21 de Agosto de 2021 por Teledeporte ás 21:45.

Na categoría feminina Sub23 tamén temos representación galega coa triatleta Iria Rodríguez Huertas do Cidade de Lugo Fluvial, convocada pola selección española xunto a Natalia Hidalgo.

iria rodriguez en edmonton

Foto ITU

Todos os galegos con Antonio Serrat e Iria Rodríguez. 💪💪💪

Quizáis che interese…