PROTOCOLODE ACTUACIÓN FRONTE AO COVID 19 DA FEDERACIÓN GALEGA DE TRÍATLON E PÉNTATLON MODERNO ( FISICOVID-DXTgalego )

17 de Agosto de 2020

A Secretaría Xeral para o Deporte certifica, con data 17 de agosto,  o protocolo da Federación Galega de Tríatlon para a práctica do Tríatlon, Dúatlon, paratríatlon  e Péntatlon Moderno adecuado ao disposto no protocolo Fisicovid-DXTgalego polo que se establecen as medidas para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19 no ámbito do deporte federado de Galicia.

O protocolo é de aplicación e obrigado cumprimento para  toda a práctica do deporte federado da Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno tanto no adestramento coma na competición no contexto COVID 19

DOCUMENTO PROTOCOLO COVID FEGATRI (14/08/2020)

Dentro das obrigas establecidas  os clubs como axentes federados deben informar do presente protocolo a todos/as os/as seus deportistas e comunicar calquera sospeita de COVID19 nas súas liñas. A estes efectos deben cubrir e enviar á FEGATRI o compromiso  de cumprimento do protocolo e as obrigas recollidas no ANEXO 3 do presente protocolo.

 

ANEXO 3 CLUBS

 

Quizáis che interese…