A Fegatri a través da técnica da área de Muller e Deporte participa no programa Lideresas Amazonas e organiza unha quedada en Santiago de Compostela.
Se es muller, tes máis de 18 anos e che gusta practicar deporte tes unha cita o próximo vernes 15 de novembro ás 18:15h nos arredores do Estadio Vero Boquete en San Lázaro-Santiago de Compostela, na que compartirás experiencia con outras mulleres técnica de carreira a pé e rodaxe adaptado a todos os ritmos.
Xornada apta para todos os niveis sen necesidade de estar federada.
Máis información e inscricións ata ata o xoves 13 de novembro ás 12:00 h. para poder xestionar o trámite de seguro de un día a aquelas asistentes sen licenza.na seguinte ligazón: www.lideresasamazonas.org
#fetrilideresas
#amazonaslideresas



