RAÚL BLANCO E ANDREA VIDAL, SUBCAMPIÓNS DO MUNDO DE “LASER RUN” EN RELEVOS MIXTOS

4 de Setembro de 2016

Boa actuación dos pentatletas galegos presentes no Mundial de Laser Run, que se celebrou esta fin de semana en Lisboa (Portugal). O resultado máis destacado foi o subcampionato mundial na proba de relevos mixtos absolutos, acadado pola parella formada por Raúl Blanco e Andrea Vidal. Os galegos foron segundos por detrás de Chequia, cuxo equipo estaba formado polos deportistas que o día antes lograran o título de campións do mundo absolutos nas súas respectivas categorías.

O sábado celebrouse a competición individual cunha boa actuación dos nosos deportistas a pesar de que cometeron algúns erros. A máis nova de todos era Andrea Vidal que participou na categoría cadete. Andrea fixo unha competición moi regular ata á última tirada, na que non estivo moi afortunada polo que perdeu varias posicións (ata ese momento ía cuarta). Finalmente, rematou na oitava posición da súa categoría, na que se proclamou campioa do mundo a catalá Laura Heredia.

Raúl Blanco competía na categoría júnior e tamén sufriu na última tirada, na que perdeu moitísimo tempo. Así rematou na décima posición, nun mundial con altísimo nivel.

Por último, Cristóbal Rodríguez tivo problemas coa súa pistola e veuse obrigado a utilizar unha prestada. Con esta dificultade, finalizou a competición no sexto posto.

Hoxe tivo lugar a competición por relevos. Finalmente Galicia competiu cun equipo mixto na categoría absoluta, a pesar de que os compoñentes do equipo eran Andrea (cadete) e Raúl (júnior). Pero ambos renderon a un gran nivel a así lograron o subcampionato do mundo por detrás de Chequia.  Curiosamente, a parella checa esta formada polos pentatletas que o día antes lograran proclamarse campións do mundo de Laser Run na categoría absoluta.

IMG-20160904-WA0012Por último sinalar que tamén se celebrou unha proba de relevos Open (para federados e non federados) na que participou Cristóbal Rodríguez xunto á súa noiva Celia Tortosa. E a experiencia foi moi positiva para ambos, xa que acadaron a primeira posición.

Ano 2015. A galega Aroa Freije acadou a medalla de prata no primeiro Campionato do Mundo de Laser Run, que se celebrou  o pasado ano en Perpignan (Francia).

Quizáis che interese…