RAÚL BLANCO, GAÑADOR DUN OPEN DE PÉNTATLON MODERNO EN PORTUGAL

19 de Marzo de 2016

Raúl Blanco (Tri-Penta Terras de Lugo) acadou a primeira posición na proba Open de Péntatlon Moderno se que celebrou hoxe en Vila Real (Portugal) coincidindo coa celebración do Campionato Nacional Júnior. Raúl proclamouse vencedor da proba absoluta, mentres que Andrea Vidal ocupou a segunda posición en xuvenís femininos. Ademais, tamén participou no Open de Vila Real o deportista do club 100 Tolos de Coruña, Francisco Prado, que finalizou na décimo terceira posición en xuvenís masculino.

IMG-20160319-WA0002A competición de Raúl foi excepcional. Na esgrima logrou poñerse na primeira posición (con 16 vitorias e 4 derrotas) e xa non abandonou esa lugar privilexiado.  Na natación fixo un tempo de 2,10 e saíu a combinada na primeira posición, para confirmar o triunfo. A segunda posición foi paraGonçalo Fabião e terceiro, Andre Luis.

Pola súa banda, Andrea foi de menos a máis. Comezou moi frouxa na esgrima ((5 vitorias e 15 derrotas) e foi remontando. Na natación foi a segunda mellor e continuou subindo postos na combinada ata alcanzar o segundo posto.

Mentres, Francisco Prado fixo unha esgrima bastante boa (11 vitorias e 9 derrotas), pero foi perdendo forza nas seguintes probas, ata rematar na 13ª posición.

 

Quizáis che interese…

BO NADAL!

BO NADAL!

A Federación Galega de Tríatlon quere desexarvos unhas felices festas e  un próspero...