SALETA CASTRO DISPUTARÁ EN MONTERREY O PRIMEIRO IRONMAN 70.3 DO ANO 2016

18 de Marzo de 2016

Saleta Castro disputará en Monterrey este domingo 20 de marzo o seu primeiro Ironmán 70.3 do ano 2016. A galega enfronta este reto coa intención de facer un bo papel, a pesar do altísimo nivel competitivo que se atopará alí, coas mellores do mundo entre as inscritas. As distancias da proba de Monterrey son de 1,9 quilómetros de natación, 90,1 quilómetros de ciclismo e 21,1 quilómetros de carreira a pe.

Entre as participantes, Mirinda Carfrae (tricampioa do mundo en Hawaii), Camilla Petersen (campioa de Europa 70.3 en 2015), Heather Wurtele (segunda no Mundial de 70.3 en 2015) ou Sarah Piampiano (3ª Mundial de 70.3 en 2015).

Saleta enfronta a proba co obxectivo de facer o top ten, despois de ter que facer un cambio de plans na súa planificación. Inicialmente, Monterrey ía ser un test cara ao Ironmán de Sudáfrica do 10 de abril, pero pecharon a inscrición antes do previsto, polo que “enfronto a carreira para ver como estou e enfocar os adestramentos cara a maio, mes no que terei o Ironmán de Texas ou Brasil, aínda está por decidir”, explicou a deportista, que ten como obxectivo prioritario da tempada clasificarse para o Mundial de Hawaii.

Quizáis che interese…