Resultados Final Nada e Corre 2018

30 de Abril de 2018

O domingo 29 de abril celebrouse a final galega do programa Nada e Corre 2018, coa participación de máis de 160 rapaces das categorías prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete e paratríatlon (deportistas con discapacidade). A pesar de que o tempo non acompañou houbo moi bo ambiente e moito público nas gradas. Na categoría de clubs, proclamouse campión o Cidade de Lugo Fluvial con 315 puntos, mentres que segundo foi Natación Riveira (216) e terceiro, Tríatlon Ferrol (205).

Este programa da Federación Galega de Tríatlon vai xa pola súa sétima edición. Este ano, en total participaron uns 900 rapaces e rapazas nas catro probas zonais e para a final estaban clasificados 164 deportistas de 19 clubs galegos.

Os vencedores das diferentes categorías foron:

Clubs: Cidade de Lugo Fluvial

Prebenxamín: Álvaro Iglesias (Olímpico de Vedra) e Marta Muñiz (Natación Riveira) 

Benxamín: Álvaro Cobelas (Natación Pabellón Ourense) e Adriana Rebolo (Cidade de Lugo Fluvial)

Alevín: Damián Súarez (Natación Cedeira Muebles García) e Marta Novo (Tríatlon Motobike Galaico Pontevedra)

Infantil: Alejandro Rodríguez (Tríatlon Ferrol) e Carla Fernández (Cidade de Lugo Fluvial)

Cadete: Jorge González (Natación Riveira) e Elsa Pena (Cidade de Lugo Fluvial)

PTVI: Carla Santoro (Mar de Vigo)

Nos documentos adxuntos tedes todas as clasificacións.

CLAS CLUBES N Y C OURENSE

CLAS FINAL N E C OURENSE

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.