Saleta Castro participará mañá 1 de decembro (a partir das 7 da maña, hora mexicana) no Ironman de Cozumel, onde estarán as mellores triatletas da longa distancia.
A galega pecha a tempada con esta importante proba, na que buscará puntos para lograr a súa clasificación para o Campionato do Mundo de Hawai, obxectivo prioritario para o ano 2014. Sen embargo, puntuar en Cozumel non será precisamente sinxelo, xa que entre as participantes estarán seis das dez primeiras clasificadas do Mundial 2013, polo que o nivel será altísimo.
Este ano Saleta logrou a medalla de bronce no Ironman de Lanzarote e foi quinta no de Wisconsin, nunha tempada excepcional. Hai que recordar que as distancias do Ironman son de 3.800 metros de natación, 18o quilómetros e bicicleta e 42,2 de carreira a pe.