SALETA CASTRO, SÉTIMA NO IRONMAN DE COZUMEL

2 de Decembro de 2013

Saleta Castro rematou na sétima posición o Ironman de Cozumel (México), que se celebrou esta fin de semana, despois de remontar varias posicións na carreira a pe. Era unha proba especialmente complicada polo nivel das competidoras, pero Saleta quería facer un bo papel para conseguir puntos de cara a clasificarse para o Mundial de Hawai no 2014.

A galega foi de menos a máis en toda a proba. Non luciu na natación, pero comezou a aparecer na bicicleta, que rematou na undécima posición, para despois lograr un magnífico tempo na carreira a pe que lle permitiu remontar varias posicións ata o sétimo posto. Saleta, cun tempo de 3:14:32 (o cuarto mellor de todas as participantes). O tempo final de Saleta Castro foi de 09:19:32, mentres que a gañadora do Ironman de Cozumel foi Sarah Joyce (08:52:28).

Quizáis che interese…