SALETA CASTRO, QUINTA NO IRONMAN DE WISCONSIN

9 de Setembro de 2013

Saleta Castro ocupou a quinta posición no Ironman de Wisconsin, que se celebrou esta fin de semana nesta cidade estadounidense. A deportista pontevedresa segue traballando na longa distancia na súa segunda tempada e cada vez está máis cómoda.

 En Wisconsin Saleta rematou na quinta posición cun tempo total de 10:04:51, despois dunha proba moi regular na que sempre estivo entre as primeiras clasificadas. A gañadora deste Ironman foi a estadounidense Jackie Arendt (09:47:07) e Saleta foi a primeira deportista non estadounidense.

Este mesmo ano, Castro logrou a medalla de bronce no Ironman de Lanzarote, unha proba do máximo prestixio na longa distancia que contou coa participación de 1.800 deportistas. Con este espectacular resultado, a galega converteuse na terceira deportista española capaz de acadar un podio no Ironman de Lanzarote, que detrás do de Haway, é o máis destacado.

As distancias do Ironman son de 3.800 metros de natación, 180 quilómetros en bicicleta e 42,2 de carreira a pe.

 

 

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.