Uxío Abuín: “No Mundial agardo que haxa unha escapada en bici para baixarme a correr adiante”

10 de Setembro de 2013

Habitual en probas ITU dende 2009, Uxío Abuín prosegue a súa carreira cara o éxito no campionato do Mundo sub-23 de tríatlon que se disputa este xoves en Londres.

Aínda que a proba lle chega en plena recuperación do calcáneo, Uxío Abuín (Lestrove, 1990, Triatlón Ferrol) promete a máxima entrega no circuíto olímpico de Hyde Park.

  • O camiño a Rio 2016 comeza no Mundial sub-23 de Londres?
  • Non é absoluto e non ten que ver coa clasificación olímpica pero moitos dos que están arriba non van chegar por idade e os sub-23 xa son dos primeiros actualmente como Jonathan Bronwlee, Mario Mola ou Henri Schoeman.
  • Asinas finalizar en top-10 no Mundial?
  • Si, é o obxectivo que me marquei.
  • A túa estratexia de carreira baséase na natación?
  • En natación estou nun estado de forma bo e teño pensado forzar para saír no primeiro grupo e ver se hai unha escapada en bici para baixarme a correr adiante.
  • E en canto pensas que poderías correr en Londres?
  • Estiven tocado do pé e case tres semanas sen correr porque me acabei de lesionar no Tríatlon do Miño que gañei. Case non corrín nada e perdín forma pero agardo facer 31-32 minutos.
  • Non será o teu debut despois do Mundial de Auckland en 2012.
  • O único problema daquela fora que cheguei enfermo e era a última proba da temporada. Neste fixen un bo traballo en verán na casa.
  • Volves a Galicia despois de seis anos no CAR de Madrid, como valoras o teu 2013 nas Series Mundiais, e, por exemplo, cun cuarto posto no Europeo sub-23 e a sexta praza na Copa de Europa de Banyoles?
  • Este ano en case tódalas carreiras penso que mellorei bastante con respecto ao ano pasado, fun máis regular.
  • Que queres mellorar de aquí a Rio 2016 co grupo liderado por Omar González no CGTD?
  • O obxectivo é seguir mellorando na natación porque é onde se fan os cortes e tamén o segmento ciclista para baixar a correr fresco porque confío na miña carreira.
  • Decidindo volver a Galicia para adestrar, por que cres que a Federación Galega ten tanta representación no Mundial?
  • En Galicia houbo nivel dende que se iniciou con Iván Raña e Javi Gómez Noya e cada vez chaman máis a atención estes dous cracks. Eu empecei vendo a Gómez Noya como un ídolo.

Uxío Abuín afronta este xoves 12 de setembro ás 16.00 horas o campionato do Mundo sub-23 de tríatlon –horario en Galicia-.

Quizáis che interese…

Montreal

Montreal

Montreal acolle unha nova cita das Series Mundiais e o Campionato do Mundo Junior de Tríatlon....