Despóis da excelente acollida da primeira edición celebrada en Pontevedra fai dous anos, esta fin de semana foi o turno de Madrid para a celebración da Segunda Edición do ProTour Fetri 2021 organizado pola Federación Española de Tríatlon e coa presencia dos millores triatletas nacionais actuaia entre os que destacaba a presencia do galego Antonio Serrat co dorsal número 1 da proba masculina.
A Casa de Campo de Madrid acolleu a segunda edición do ProTour FETRI
O lugar elixido pola Federación Española de Tríatlon foi a Casa de Campo de Madrid onde o sábado 23 de Outubro celebrouse a competición en formato SuperSprint eliminatorio, enfrentando ás e ós mellores triatletas de España, clasificados nas competicións nacionais élite de distancia Sprint e Olímpica.
A victoria na proba masculina foi para o catalán Denis Grau despóis dunha dura loita por acadar a victoria co galego Antonio Serrat, chegando na segunda posición e cerrando unha magnífica tempada. O terceiro posto do podio final foi para o triatleta do Inforhouse de Santiago o malagueño Alberto González.
Na proba femenina o ritmo foi trepidante en todas as probas disputadas. A victoria final foi a triatleta do Cidade de Lugo Fluvial Cecilia Santamaria. O equipo galego acaparou o podio na categoría feminina con Anna Godoy e María Casals. A galega Sara Guerrero entrou na sexta posición final.
Ademáis das probas élite, no PROTOUR Madrid 2021 celebrouse o Campionato de España de Tríatlon SuperSprint de Grupos de Idade, un tríatlon por Relevos Inclusivos e a segunda xornada das Pho3nix Kids by Javier Gómez Noya, que fixeron disfrutar aos deportistas, acompañantes e público dunha xornada inolvidable cun clima extraordinario na Casa de Campo.
A xornada rematou co homenaxe do tríatlon español á figura do galego Iván Raña despóis do seu anuncio de fai unhas semanas. Acompañado de Javier Gómez Noya e Fernando Alarza, disfrutaron dun emotivo momento recordando toda a súa traxectoría e o diploma olímpico acadado nos Xogos de Sidney 2000. O presidente da Federación Española de Tríatlon, José Hidalgo, entregoulle unha reproducción da súa entrada na meta en Cancún 2002, acadando o Campionato do Mundo. O evento rematou con todos os triatletas unidos baixo a meta do ProTour 2021.