SEIS MEDALLAS GALEGAS NA FASE CLASIFICATORIA PARA O CAMPIONATO DE ESPAÑA DE PENTATLÓN MODERNO DE SANTANDER

24 de Maio de 2014

Galicia logrou un total de seis medallas (tres ouros, dúas pratas e un bronce) na terceira proba clasificatoria para o Campionato de España de Categorías Menores, que se celebrou hoxe en Santander.

Aroa Freije, recién clasificada para os Xogos Olímpicos da Xuventude, foi a gran vencedora da proba, xa que foi a mellor na categoría cadete (superou non só as rapazas senón tamén aos homes) facendo unha proba espectacular, principalmente na combinada. Ouro para Aroa, mentres que Lúa Vidal foi cuarta clasificada e Yolanda Rodríguez , sétima.

Na categoría benxamín feminina Galicia estivo a punto de facer pleno no podio. O ouro foi para Claudia Gámez, mentres que a prata para Mercedes Vila e Ainhoa Corral logrou a cuarta posición. En benxamín masculino houbo un bronce galego, que foi conseguido por Óscar López.

En alevín masculino, Esteban Basanta logrou a medalla de prata, mentres que Lucas Pena foi cuarto clasificado. O campión da categoría infantil masculina foi Martín Freije, mentres que Javier Pena ocupou a cuarta posición e Manu Sotelo, oitavo.

Esta foi a terceira e última proba clasificatoria para o Campionato de España, que se celebrará na primeira semana de xuño. A primeira tivo lugar en Lugo (organizada en tempo récord para cubrir a de Burgos, que se anulou no último momento) e outra en Cataluña. Os benxamíns, alevíns e infantís realizaron as probas de natación e combinada (carreira e tiro); mentres que os cadetes e xuvenís incorporan a especialidade de esgrima.

Quizáis che interese…